un distintivo do ICAA

Cine
El Correo Gallego
A cineasta e catedrática da USC Margarita Ledo . Foto: Lavandeira jr.

cine. A película Nación de Margarita Ledo e producida pola produtora Nós, vén de conseguir o distintivo “especialmente recomendado para el fomento de la igualdad de género” que outorga o Instituto da Cinematografía y Artes Audiovisuales (ICAA) para as películas que se van distribuír comercialmente en salas.

“Sabemos que o filme ten unha clara perspectiva de xénero e tamén de clase pero iso non signfica que non esteamos moi agradecidas de que o ICAA tivera a ben outorgar este distintivo. Vivimos nun momento onde a pandemia centra todo e tamén leva consigo desigualdades polo que películas como Nación sempre son positivas”, indicou Olaia Ledo, directora de produción do filme dirixido por Margarita Ledo.

O filme ten pensado estrearse a principios de marzo para que coincida co 8 de marzo, día adicado á muller traballadora “desexando que poida chegar ao público e ver a resposta”, afirmou Ledo.

Desde a produtora saben que a cultura é segura e apuntan que o cinema moito “entre outras cousas porque vendo un filme non falas e miras á fronte” responde Margarita Ledo, directora do filme que xa gañou o premio á mellor dirección española no Festival de Cine Europeo de Sevilla. ECG