A Semana da Filosofía debaterá en ‘streaming’ da civilización dixital

A XXXVII edición se celebrará do 5 ao 9 de abril no pontevedrés Teatro Principal
Filosofía
El Correo Gallego
Montse Fernández, esquerda, con Alexandre Cendón e Xosé Carlos Garrido na presentación onte. Foto: Aula Castelao

Pontevedra. A Aula Castelao achegará de novo, logo da cancelación da pasada edición por mor da COVID, a filosofía e o pensamento crítico á cidade de Pontevedra do 5 ao 9 de abril.

A Civilización Dixital centrará edición da Semana da Filosofía, a número XXXVII, adaptada as circunstancias e restricións actuais, contará igualmente co Teatro Principal onde se poderá gozar da emisión on-line das palestras matinais e martes a venres e dende onde se emitirán –xa que serán presenciais- as conferencias das tardes e tamén a inaugural, a mañá do luns 5, da man de Albino Prada, doctora da Universidade de Vigo que realizará unha análise crítica do desenvolvemento económico e o aumento da exclusión social a causa do híper capitalismo dixital no que moi poucas empresas, como Google ou Aamazon controlan a producción e distribución da riqueza.

Antes de debullar o programa, Alexandre Cendón, novo presidente da Aula Castelao, xustificou a selección da ilustración de Castelao presente no cartaz da vindeira edición, na que un home, rodeado de reloxos, non sabe en qué hora vive.

Cendón apuntou a que “é unha alegoría da sociedade dixital na que estamos sobre informados. Isto provoca distraccións e a non distinción entre o que é verdadeiramente importante e o que non. As persoas que viven na sociedade moderna están expostas a unha constante fervenza de información interesada que os distrae do que realmente debería importar como persoas, traballadores, etc.”

Sobre a temática seleccionada para este edición, Alexandre comentou que “a Civilización Dixital está de plena actualidade pola situación de pandemia na que estamos mergullados e onde cobrou peso o teletraballo, a formación e comunicación en liñae o espazo público foi substituído polo espazo dixital” .

Pechou a súa intervención lembrando o cambio de formato que constará dunha conferencia matinal en liña , de 11.30 a 13.30 que, para non excluir ás persoas que non teñen internet na casa ou os coñecementos precisos para manexarse coas tecnoloxías, poderán achegarse ao Principal e gozar dela dende alí.

Polas tardes, haberá unha conferencia por día, que terá lugar de 18.00 ao 20.00 de xeito presencial no Principal. ecg