A Xunta defende que a actual é "a xeración mellor formada en galego da historia"

Román Rodríguez participou no acto do Día da Lingua Materna organizado na Cidade da Cultura
Diversidad lingüística
El Correo Gallego

SANTIAGO. EP. O conselleiro de Eduación, Cultura e Universidades, Román Rodríguez, defendeu este domingo, Día da Lingua Materna, que a actual é "a xeración mellor formada en galego da historia" grazas a un sistema educativo no que "os idiomas non compiten entre si". "A adquisicón dunha lingua favorece e alimenta a aprendizaxe das seguintes e abre oportunidades de crecemento persoal, social e laboral", sentenciou Román Rodríguez durante a súa participación nos actos do Día da Lingua Materna organizados pola Xunta na Cidade da Cultura baixo a condución da xornalista Esther Estévez, cara da iniciativa da TVG 'Dígocho eu'.

Con motivo da efemérida nada hai 21 anos baixo o impulso da Unesco, o complexo do Gaiás acolleu a retransmisión en directo dos actos conmemorativos, que teñen como prato principal a emisión en streaming do espectáculo 'Puño, puñete', de Baobab Teatro.

Trátase dunha iniciativa dirixida a nenos de entre 1 e 7 anos e as súas familias para xogar, cantar e contar historias en lingua galega. A idea desarrolada pola compañía teatral parte dun xogo tradicional e está pensada para que as familias teñan recursos para compartir momentos na lingua propia de Galicia.

"TRANSMISIÓN FAMILIAR"

Na súa intervención, segundo recolle un comunicado da Xunta, o conselleiro manifestou que a "riqueza e humanidade" que achegan as linguas "só pódese asegurar garantindo a continuidade e a transmisión familiar". Por iso, apelou a implicarse no obxectivo de "preservar" a transmisión do galego nas familias a "todos", desde as "familias e gobernos" a "a sociedade xeral e os seus representantes políticos".

Ademais, Rodríguez defendeu o lugar que ten o galego no sistema eduacativo de Galicia, onde se atopa "en igualdade" de condicioens co castelán sen que isto supoña "renunciar" á aprendizaxe doutros idiomas estranxeiros.

"Esta é a proba de que os idiomas non compiten entre se, senón que a adquisición dunha lingua favorece e alimenta a aprendizaxe das seguintes e abre oportunidades de crecemento persoal, social e laboral", afirmou, para, a continuación, encomiar a saúde do galego apoiándose na última enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE).

"Hoxe en día temos a xeración mellor formada en galego da historia. Creo que podemos dicir que temos unhas bases sólidas sobre as que continuar traballando para garantir o futuro da lingua", aseverou Román Rodríguez.