Adolfo Domínguez recibirá a Calpurnia Especial do 25 aniversario do OUFF

O diseñador foi o productor de ‘La moños’, a primeira película que se proxectou na historia deste certame no ano 1996
Flora touzónOurense
HISTÓRICO. Eloy Lozano, segundo pola dereita, cos protagonistas de ‘As belas dormentes’, no preestreo da película na cidade da Coruña, en 2001. Foto: Pedro Castro

O Ourense Film Festival premiará ao modisto Adolfo Domínguez coa Calpurnia Especial 25 anos na vindeira edición do festival. Trátase dun recoñecemento moi merecido para o ourensán, que estudou Cine e Arte en París e sempre estivo moi vencellado coa sétima arte. De feito, foi o produtor de La moños, a primeira película que se viu na sesión inaugural do OUFF en 1996.

A produción de La moños foi unha das súas aportacións de Adolfo Domínguez ao mundo do cinema. Foi xusto esta cinta a que abriu o camiño a 25 anos de historia do Festival de Cine de Ourense, proxectándose na gala inaugural da primeira edición no ano 1996. Esta película foi o comezo dun festival que puxo o nome de Ourense no mapa e que este ano chega a súa 25 edición en plena forma.

Sobre La moños hai que destacar que foi un filme dirixido por Mireia Ros e está baseada na historia dunha muller icónica e estrambótica que percorría as rúas do barcelonés barrio do Raval a principios do século XX. Estivo nomeada a un Premio Goya á Mellor dirección novel.

Adolfo Domínguez naceu en Trives en 1950. Creceu entre costuras antes de trasladarse a estudar Belas Artes e Cinematografía a París. De volta ao seu Ourense, decide centrarse no mundo da moda e no 76 abre a súa primeira tenda na cidade. Xa nos 80 amplía miras, pasando a facer deseños tamén para muller e popularizando a súa frase máis mítica “A engurra é bela”.

Co paso dos anos, o nome de Adolfo Domínguez fíxose un oco imprescindible no panorama mundial da moda. Abre tendas por todo o mundo e saca coleccións de complementos, cosmética e perfumes. Recibe importantes recoñecementos como a Agulla de Ouro ou o Premio Nacional de Deseño no 2019. Na actualidade, as súa filla maior, Adriana Domínguez, é a presidenta executiva da compañía, que manten a súa esencia intacta.

25 EDICIÓN. O Ourense Film Festival mantén as datas anunciadas do 25 de setembro e o 3 de outubro, cunha programación que será unha das máis especiais da historia do certame xa que se celebra o seu 25 aniversario.

Ademais do protagonismo da Sección Oficial e outras seccións paralelas, nas que se irán anunciando novidades, potenciarase o premio dedicado á mellor produción galega participante na presente edición, ou Premio Galicia- Xacobeo, dotado con 12.000 euros, como apoio ao sector audiovisual que atravesa, nestes momentos, unha complicada situación.