Álbum: a forma de vivir e convivir nun rueiro

Libro
Carmen Ferreira

Rocío Bonilla (Barcelona 1970) é a autora e ilustradora do álbum Grazas. Historia dun rueiro (Algar Editorial, 2021) traducido á lingua galega por Elvira Ribeiro Tobío. Dedícase ás persoas que se queren, próximas e afastadas e a Marta sempre.

Trátase da historia dun rueiro e de todo o que o rodea: casas, farois, xardíns, árbores... e veciñanza composto por persoas que non se relacionan pois cada unha delas está inmersa nas súas preocupacións e teimas. Un mural espacial, un rueiro mapeado no que se conxugan as palabras coas imaxes debuxadas que ilustran todas as páxinas. Seguindo o texto e as ilustracións descóbrese o máis íntimo de cada veciño. Unha avaría-filme leva a esta veciñanza moi lonxe xa que xuntos, por fin, conseguen relacionarse e facer do rueiro un espazo de convivencia feliz. Compleméntase cun taboleiro-xogo que permite percorrer a vida e características do precioso e simpático rueiro.

m.fboo@udc.es