Alfonso Agra, homenaxeado co Premio de Cinema Galega no FIC Bueu

Recoñece a traxectoria do actor, que se reunirá co público do festival este próximo setembro
Cultura
El Correo Gallego
Actor Alfonso Agra. Foto: RTVE

Vigo. O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu ( FIC Bueu) concederá ao actor Alfonso Agra o Premio Cinema Galega, galardón que recoñece a traxectoria de profesionais da industria audiovisual galega.

Agra, actor de 62 anos natural de Arzúa, (A Coruña) segue así os pasos doutros grandes nomes do audiovisual galego como Antonio Durán ‘Morris’, Mabel Rivera, Luís Zahera ou Melania Cruz.

O homenaxeado do FIC Bueu 2021 reunirase co público do festival nunha actividade bautizada como Encontro con Alfonso Agra, que se celebrará o sábado, 18 de setembro ás 11:30 horas no Centro Social do Mar.

Alfonso Agra iniciouse no mundo da interpretación na década de 1980 na compañía teatral viguesa Artello, cuxos traballos alternou durante dúas décadas con espectáculos do Centro Dramático Galego, como Os vellos non deben de namorarse, ademais de coprotagonizar tamén posteriormente a aclamada O florido pénsil.

É coñecido sobre todo polos seus papeis en series galegas como Pratos Combinados, Mareas Vivas ou Serramoura e na gran pantalla participou ou cintas como Entre bateas e Días de voda, entre outras.

Recentemente participou en series autóctonas con proxección internacional como Fariña ou El desorden que dejas. O Encontro con Alfonso Agra será na última xornada do FIC Bueu e estará conducido polo realizador Gaspar Broullón, quen lle fará unha entrevista antes de que os asistentes realicen as súas. EFE