Apertas e música con Stehr, no novo de Kalandraka

Libros
Marta Neira

A editorial Kalandraka, coidando sempre á nenez e o seu percorrido emocinal, publicou hai pouco dous libros infantís con páxinas acartonadas que emocionan a lectores-espectadores e mediadores.

Son os dous da autoría textual e ilustrativa de Frédéric Sther (París, 1956). No primeiro, O día das apertas, a nenez é invitada a compartir, como os pequenos animais protagonistas, apertas tan garimosas coma as da nai a través das peluches que son tan amigas das crianzas e con elas manifestar os sentimentos. No segundo, Chin Bam Bum!, os paxariños protagonistas conforman unha orquestra cos máis variados instrumentos caseiros, un xogo musical inicio doutro que se pode desenvolver coas pinturas que descobren na casa. Xosé Ballesteros encargouse da tradución destes dous artefactos acartonados, divertidos e creativos, do creador que aprendeu a contar historias a partir do seu traballo en L’ecole des loisiers.

marta.neira@usc.es