Aposta polo xénero dramático xuvenil

Libro
Carmen Ferreira

A editorial Galaxia, que tamén aposta polo xénero dramático, acaba de publicar na colección xuvenil Costa Oeste a peza Casa de Feras, do actor e director Edgar Costas (Vigo, 1981), que recibiu o galardón do IV certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2021.

Trátase dunha fábula actual, ambientada na antiga Casa de Feras de Madrid, no Parque do Retiro, en homenaxe aos animais que a habitaron, caso da protagonista, a elefanta Pizarra. Aborda temas como o maltrato animal, as relacións de poder e a liberdade, empregando animais engaiolados entre reixas de ferro e humanos engaiolados en prexuízos férreos, que buscan a liberdade a un alto prezo, facendo uso dun humor cheo de ironía para tratar os conflitos xerados nun ambiente hostil, asfixiado de normas e prexuízos. Unha interesante peza dramática que se achega ás relacións e problemáticas que se xeran na convivencia entre animais e humanos.

m.fboo@udc.es