Audiovisual Ribeira Sacra, onde todo pode ocorrer

Cultura
El Correo Gallego
Andrea Pousa e Bruxo Queiman nos laterais con Manuel Baltar ao centro. Foto: Deputación Ourense

Cultura. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou hoxe, na estrea da produción audiovisual Ribeira Sacra, onde todo pode ocorrer, dos artistas Queiman e Pousa, a visión que tiveron eles e moitos dos que os precederon, como os “sete tolos” ou Eduardo Barreiros, “para contribuír a promocionar este territorio, berce de xente loitadora e valente, unha contorna á que seguiremos apoiando para seguir potenciando a súa identidade como destino universal”.

O acto, celebrado no Mosteiro de Montederramo, tivo como obxectivo presentar esta produción audiovisual que difunde a riqueza histórica, natural, rural e patrimonial da Ribeira Sacra. Trátase un vídeoclip promocional, un documental e varias pezas máis para que o territorio que é candidato a Patrimonio Mundial pola Unesc -unha iniciativa impulsada polo presidente Manuel Baltar-“fomente as súas excelencias naturais, etnográficase culturais. ECG