Bases para o premio XL Blanco Amor de novela

Redacción ECG

Santiago. A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida onte por vía telemática baixo a presidencia do vicepresidente Rosendo Fernández, aprobou as bases do XL Premio Blanco Amor de novela longa, dotado con 15.000 euros e no que a institución provincial conta coa colaboración da Fundación que leva o nome do escritor ourensán. Poderán participar persoas de calquera nacionalidade con novelas escritas en lingua galega e inéditas. O prazo para presentar orixinais remata o 14 de setembro, data do 121º aniversario do nacemento do escritor. ECG