Berta Dávila é o XII Premio Jules Verne Xuvenil

Libros
marta neiraUSC/CRPIH

O XIII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil recaeu no ano 2021 na obra Un elefante na sala de estar, de Berta Dávila (Santiago de Compostela 1980), publicado pola editorial convocante na súa colección Fóra de xogo, que ten como primeiro destinatario a mocidade, pero non só.

Nesta obra, Berta Dávila, fiel á súa poética, adéndrase en temas que foron tabús na Literatura Infantil e Xuvenil e que hoxe son de actualidade e hai que se enfrontar a eles, como é o caso do suicidio e dos danos colaterais. A escritora sabe ben combater mitos e silencios e faino a través dunha doada e emotiva lectura. Os protagonistas Quique, Rosario, Alicia, Roi, Fran, Olga, Belén, Aurora, Román e Clara falan con rigor e coñecemento, por iso son cribles, como o é o agradecemento da autora a todos os profesionais e amigos que a axudaron. Moi a conto ben tamén a parábola hindú, relacionada coa verdade, coa que remata.

marta.neira@usc.es