‘Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis’ chega xa a cifra de 35.000 libros vendidos en galego

Redacción ECG
EXEMPLAR de ‘Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis’

Santiago. Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis (Editorial Kalandra), escrito por Chema Heras e ilustrado por Kiko da Silva, colaborador de EL CORREO GALLEGO, chega ós 35.000 libros vendidos en galego. Unha cifra que Da Silva considera “un gran éxito”.

“Chegáronme dende a editorial Kalandraka Galicia dúas novas edicións moi especiais. Ambas, as fixen hai máis de 20 anos, cando aínda era un estudante universitario... Levei unha sorpresa ao ver o autocolante da nova edición en galego de Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis, que ilustrei no ano 1999... E levamos 35.000 exemplares vendidos. Sen dúbida este é o meu best seller”, destaca Kiko da Silva, quen, ademais, agradece a Kalandraka a súa aposta polos autores galegos, e sobre todo, engade, que “confiaran nun rapaz de tan só 19 anos cando me ofreceron ilustralo , e por manter vivos estos dous meus libros durante tantos anos”. ECG