Chan da Pólvora e Silvia García presentaron a obra ‘nenas medrando’

Poesía
El Correo Gallego
NOVIDADE. A escritora Silvia García e Antón Lopo, de Chan da Pólvora. Foto: Antonio Hernández

Poesía. Onte presentouse no auditorio do CGAC de Santiago a obra nenas medrando, da autoría de Silvia García, tercer volume da colección Areal de Melide da editorial Chan da Pólvora, dedicado ás experiencias híbridas, intersección de linguaxes e propostas de fusión.

Despois de títulos como Ultramarino de Jesús Castro, Sardiña de Miriam Reyes e Ad inferos de Mónica Sánchez, o catálogo amplíase con nenas medrando, onde conflúe o traballo expositivo e os poemas de Silvia García sobre unha colección de fotos de nenas de distintas épocas. O resultado é un volume escintilante e delicioso.

Silvia García González é doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Traballou no CGAC, no departamento de actividades. Actualmente é profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. ECG