Comenzou o OUFF coa entrega dos Premios Calpurnia 25 aniversario

Adolfo Domínguez, Dani de la Torre e Xavier Bermúdez protagonizaron a gala de apertura deste certame cun marcado selo ourensán e de compromiso coa cultura
Inés ÁlvarezOurense
Manuel Baltar saluda a Dani de la Torre antes de entregarlle o premio, onte en Ourense

Emoción, compromiso e historia forman o eixo central da 25 edición do Festival de Cine de Ourense. Un atípico aniversario condicionado polas medidas de restricción sanitarias que tamén se notaron na gala de inauguración.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, valorou o compromiso dos ourensáns e aposta contundente das adminitracións implicadas por unha cultura de calidade e segura que tivo un especial recordo para “todos los que dunha maneira ou outra formaron parte destes 25 anos: dende o primer director e ideólogo do festival, Eloy Lozano, ata todos os equipos que traballaron para chegar aquí e mesmo os responsables institucionais, Concello, Xunta e Deputacion que incluso con formaciones políticas diversas sempre apostaron polo OUFF”.

O director artístico do festival, Miguel Anxo Fernández, insistiu “no carácter solidario e de apoio do OUFF ao sector audiovisual galego en particular, nestes tempos tan difíciles para todos e especial para eles, pois consideramos a cultura un sector estratéxico ao que compre afastar do perigo de extinción, en especial cando as circunstancias veñen reviradas”.

Cun marcado selo ourensán e cun firme compromiso co patrimonio audiovisual, as bodas de prata do OUFF botaron a andar cunha gala con dous nomes propios: Adolfo Domínguez e Xavier Bermúdez. E o recordo, sempre vivo, a aqueles pioneiros do cinema e do audiovisual galego que abriron camiños que hoxe recorremos con novos bríos: Eloy Lozano, Chano Piñeiro, José Luis Cuerda... Nomes que estarán presentes nesta edición máis aló do seu recordo durante a gala.

A posta en escena foi sobria para una gala condicionada polas medidas sanitarias e o distanciamento social, na que a actriz Ledicia Sola asumiu novamente o papel de conductora. Este ano, Ourense cobrou protagonismo non só na selección de filmes rodados na provincia para a súa apertura, Olvido e León, e para a clausura, Luarada.

Proba de que Ourense é de cine é tamén o Premio Calpurnia 25 aniversario que recaiu sobre o modisto ourensán Adolfo Domínguez, que non puido estar presente na gala, pero quixo agradecer o recoñecemento a través dun video no que destacou a súa colaboración co festival “hace 25 años cuando aún era semilla. Solo duran las cosas que sirven a la comunidad. Eloy Lozano y los que seguisteis haciéndolo, algo habréis hecho bien”. Foi a súa filla Tiziana Domínguez quen recolleu o premio.

Pero además a provincia é protagonista do festival de cine sendo escenario para documentais que poderán ser vistos en Panorama en Galicia (un repaso da vida do deportista ourensán Simón González en A nosotros tu reino, Nación de muchachos: Utopía o muerte ou Sons do entroido) e sendo, sobre todo, plató de cine para proxecto como o do Premio Ourense deste ano, o cineasta monfortino Dani de la Torre, que ven de rodar algunhas esceas de Live is life no monasterio de Rocas e que subiu ao escenario do Auditorio para recoller o seu galardón.