‘Como se di?’: non é difícil dicir grazas e por favor

Libro
Blanca Roig Rechou

Como se di? é a nova obra de Lawrence Schimel (Nova York, 1971), autor moi recoñecido no ámbito internacional e xa coñecido en lingua galega pola súa obra Queres ler un libro comigo? (2017) publicadas ambas por Alvarellos Editora (col. Verdemar) coa axuda imprescindible das ilustracións de Thiago Lopes (São Paulo, 1987).

Neste álbum, entre ambos autores, contánse unha ampla serie de anécdotas sobre como solicitar e responder á xentileza, amabilidade das persoas, seres míticos e personaxes que conforman o imaxinarios infantil, cando queres algunha cousa. Nesta caso fálase dunha pasteleira que ofrece un doce, dun libreiro que facilita un libro, dun animal que te axuda, dun rei que che deixa xogar, dun agasallo dos avós, duns pais que che len contos antes de durmir... cos que debes usar dúas palabras marabillosas que ás veces costa dicir GRAZAS e POR FAVOR. A lectura deste álbum leva cara á elas.

blanca.roig@usc.es