Concerto do Taller Atlántico Contemporáneo para clausurar o seu décimo aniversario

Será este mércores no Auditorio de Galicia e retransmitirase en streaming
Música
El Correo Gallego

O Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), que acaba de recibir o Premio Galego da Música Martín Codax 2020, ofrece mañá, mércores 28, no Auditorio de Galicia, o concerto de clausura do seu X aniversario baixo a batuta do seu director, Diego García Rodríguez. Tocarán pezas de A. Bruckner: Sinfonía núm. 7 en Mi maior, e WAB 107 (arranxo de cámara de Hanns Eisler, Erwin Stein e Karl Rankl). Será retransmitido por ‘streaming’ na canle de Youtube de Compostela Cultura, neste enderezo, e será este mércores, 28 Outubro, 2020, ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. As entradas xa están á venda desde o luns. Debido as restricións por causa da covid o número de entradas será de 30 persoas.