Cuarta aventura da zombi Mortiña

Libro
Carmen Ferreira

Logo de Mortiña (2018), Mortiña. Un curmán repugnante (2019) e Mortiña. O amigo pantasma (2020), chega ás librarías, traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González na colección “Novas Lecturas de Hércules”, a cuarta entrega Mortiña e as vacacións no lago misterio (Hércules, 2021). Trátase dunha serie de moito éxito a nivel mundial, creada pola ilustradora italiana Barbara Cantini (Florencia, 1977).

Mortiña é a nena zombi protagonista, que vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable can Tristeiro e que corre múltiples aventuras cargadas de humor. Nesta entrega consegue ir de vacacións coa súa familia a Vila Florida, onde viven a tía Feiticeira e o primo Dilbert. Mais o descanso dura pouco, porque Mortiña debe atopar a maneira de salvar a mansión, que parece deshabitada e que quere subastar un malvado funcionario. Unha hilarante historia nestes días calorosos de verán!

m.fboo@udc.es