Culturgal desconfínase este ano e aposta por unha edición de reencontro con público

Co lema ‘A cultura que toca’, o evento apostará polo impulso do contacto entre a acción cultural en directo e os asistentes
Cultura
Helena Bravo
Victoria Alonso, deputada de Cultura e Igualdade da Deputación de Pontevedra, Jacobo Sutil, director da Agadic-Xunta de Galicia, Victor López, presidente de Culturgal, Xosé Aldea, director de Culturgal, Carme Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra e Miguel Toval, en representación da Asociación Galega de Editoras, que forma parte de Culturgal. Foto: Culturgal

Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia, decidiu “ desconfinarse” e recuperar a súa “esencia”, segundo avanzaron os seus organizadores, na presentación da que será a súa décimo cuarta edición.

A feira, que se celebrará na cidade de Pontevedra entre os días 26 e 28 de novembro, abriu xa o prazo de reserva para as empresas, entida-
des culturais e artistas que queiran participar na pro-gramación do Culturgal.

“A cultura que toca” é o lema que escollimos este ano e que queremos que teña un amplo significado, por unha banda, o relativo a fomentar o contacto entre a acción cultural ao vivo e o público, entre as empresas e axentes culturais, coa previsión de que esta Culturgal será a do reencontro, a da recuperación, a do contacto directo coa cultura. Este leiv motiv de A cultura que toca tamén, porque se sempre é necesaria, pensamos que agora

máis que nunca cultura para superar a crise, cultura para fomentar o diálogo, o respecto e a diversidade, cultura como laboratorio dun futuro mellor, cultura como punto de encontro”, reseñou o presidente da Asociación Culturgal, Víctor López.

O director da Feira, Xosé Aldea, convidou ao sector cultural a participar na Feira confeccionando un programa que é “un proxecto colectivo, xa que a programación da Culturgal constrúese con propostas chegadas das empresas, das entidades e institucións, dos creadores e artistas, nun proceso que está aberto até o 15 de setembro”. e a través da web cultur.gal.

Sinalou ademais que o venres 26 do mes de novembro será unha xornada orientada aos profesionais do sector e os días 27 e 28 abrirase ao público.

Victoria Alonso, deputada de Cultura e Igualdade na Deputación de Pontevedra, destacou a presenza que terá a institución provincial na Feira con stand propio mostrando a cultura feita na provincia. “Sabemos que non poderemos ofrecer a interacción e o dinamismo doutros anos no stand, pero volveremos a traballar con entusiasmo con todos os concellos para mostrar a súa labor cultural”, sinalou.

Desde a Agadic-Xunta de Galicia, Jacobo Sutil reseñou que Culturgal volva a ser punta de lanza da cultura galega. “Se o ano pasado fixeron unha edición online exemplar, é unha moi boa nova recuperar a presencialidade e o contacto directo do público coa cultura, imprescindible para reactivar o sector entre todos”, apuntou Sutil.