Daniel Minimalia, Rosa Cedrón e Chenoa, esta noite no ‘Luar’ de TVG

O concurso telefónico desta espazo semanal parte nesta entrega cun bote de 5.500 €
Música
Redacción ECG

Santiago. Luar trae un venres máis un variado elenco de artistas de altura, hoxe liderado polos galegos Daniel Minimalia e Rosa Cedrón, pola tamén cantante Chenoa e polos coñecidos participantes de O mellor DECADA casa. O concurso telefónico parte esta noite cun bote de 5.500 euros.

O músico autodidacta Daniel Minimalia, cuxa música é protagonista esta primavera das cortinas de continuidade da TVG, interpretará a dúo con Rosa Cedrón Olas del sur, tema co que gañou en 2015 o seu primeiro Hollywood Music In Media Awards na categoría de mellor canción. O guitarrista e compositor ourensán, galardoado hai uns meses co Grammy Latino ao mellor disco instrumental co seu álbum Terra, acode a Luar afianzado como un dos referentes musicais do país e tras gañar o seu segundo Hollywood Music In Media.

Chenoa regresa a Luar cando fai vinte anos de traxectoria musical desde que saltara á fama en 2001, ao seu paso pola primeira edición do famoso concurso televisivo Operación triunfo.

Unha carreira en que a recoñecida cantante leva un millón de discos vendidos e se converteu nunha das voces máis populares de España e América Latina. REDACCIÓN