Diana Varela Puñal gaña o V Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O galardón obtido pola súa obra ‘A conxura’
lle será entregado o próximo 3 de novembro
PREMIO LITERARIO
El Correo Gallego
Xurado do V Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

Santiago. A novelista, poeta e editora Diana Varela Puñal resultou gañadora da quinta edición do Xosé Neira Vilas de Novela Curta para nenos e adolescentes por A conxura.

A novela impúxose así a un total de quince orixinais que foron avaliados nesta ocasión

por un xurado formado polos membros do membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas Rosalía Morlán, Juan Andrés Fernández e polo crítico Armando Requeixo.

A entrega do galardón terá lugar o 3 de novembro, data na que cada ano a entidade que leva o nome do autor de Gres celebra o Día de Neira Vilas, e que nesta ocasión se vai celebrar no auditorio municipal de Vila de Cruces.

A conxura constrúe un universo narrativo que se move axilmente entre o imaxinativo e o fantástico, habitado por personaxes hipnóticos e fascinantes, con descricións luminosas e unha estrutura feita a base de anacos narrativos que, malia a súa certa autonomía, logran enfiar con solvencia o inicio e o final.

A trama resólves dun xeito maxistral, unindo aos variados recursos literarios empregados outros dos eidos da música ou do cinema.

Varela Puñal foi premida anteriormente co de Poesía Díaz Jácome e o de Poesía Uxío Novoneyra, ou o Estornela de Teatro. redacción