O cine en directo ou live cinema é, en si mesmo, un concepto difícil de explicar. Segundo a directora do proxecto, convidada ao festival internacional de cine Curtocircuito, hai quen o chama performance ou conferencia performativa, pero non é outra cousa que facer unha montaxe en directo, conectada a un proxector, mentres une clips e, co micrófono en man, vai comentando o que fai.
Con ‘Cosas locas’, Marta Valverde trata de facer unha achega á “imposibilidade da imparcialidade” incuso no xénero documental, xa que, inevitablemente, sempre hai unha persoa detrás de cada decisión.
Trátase dunha aposta polo cine experimental desta cita do cinema internacional da que poderemos desfrutar o vindeiro 6 de outubro, na sala Numax. Pero non é a única aposta do festival por esta directora emerxente, xa que un día antes haberá, nin máis nin menos, que seis proxeccións súas nunha sección non competitiva adicada a ela, Terra.