Estrea do videoclip ‘Dejemos sitio a la paz’ en Ourense

OUFF
Redacción ECG
FESTIVAL. ‘Dejemos sitio a la paz’, un traballo de Chema Ríos

OUFF. A 27ª edición do Festival de Cine de Ourense, que se celebrará entre os próximos 23 de setembro e 1 de outubro, celebrará un evento especial a favor da concordia entre pobos que levará por nome festival Ourense pola paz. Nel estrearase en primicia o videoclip Dejemos sitio a la paz, un traballo inspirado na recreación da escena da cama na que John Lennon e Yoko Ono se pecharon en favor da paz en plena Guerra de Vietnam (1969). A dirección deste vídeo correu a cargo de Chema Ríos contando coa produción musical de Juan de Dios Martín.