Evento gastroliterario de Mel de Galicia en Santiago

Literatura
El Correo Gallego
Francisco Narla durante la presentación. Foto: S. Viqueira

onte tivo lugar na Casa do Taberneiro, en Compostela, un acto gastroliterario co Mel de Galicia como fío condutor. Este evento estivo promovido pola IXP Mel de Galicia, e contou coa presenza do piloto de líneas aéreas, escritor e experto gastrónomo, o lucense Francisco Narla, que presentou a súa nova novela histórica: Fierro (Edhasa). Nesa novela o autor adéntrase nunha viaxe pola apicultura na época medieval, polo que resultou un contexto histórico perfecto para a posta en valor da indicación protexida Mel de Galicia.

Ademáis do autor, participaron na presentación Ramón Lamelo, responsable de promoción de la Axencia Galega de Calidade (Agacal) e Esther Ordóñez, presidenta da IXP Mel de Galicia.

No acto estaba prevista unha pequena merenda consistente nunha infusión ecolóxica aromatizada con Mel de Galicia acompañada de tosta de Pan de Cea con queixo Cebreiro, Castaña de Galicia e Mel de Galicia; pulga de Ternera Gallega lacada con Mel de Galicia e rúcula; e, finalmente, charlota de Castaña de Galicia con recheo de bavorois e Mel de Galicia. Os asistentes levárona para a casa por causa das restricións sanitarias.

Colaboraron nesta Merenda Literaria os consellos reguladores IXP Pan de Cea, IXP Castaña de Galicia, IXP Ternera Gallega, DOP Cebreiro, IIXX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, ademáis de Craega. REDACCIÓN