Fermoso álbum ilustrado sobre a muller e as néboas

Libro
Blanca Roig Rechou

Unha desas voces é a de Bea Gregores (Vigo, 1995) quen dá voz, no seu álbum, As mulleres que cultivaban néboas (Xerais, 2022), a unha rapaza que relata as súas vivencias nunha casa con problemas de xénero. Recorda as actitudes do pai, a fortaleza da súa nai é a súa capacidade para arranxar todos os problemas. O pai é un home estraño que chega a abusar da nena, feito que, xunto a outras mostras de violencia, obrígaas a marchar da súa propia casa para vivir con outras mulleres que padeceron problemas similares.

O texto compleméntase cunhas ilustracións que, a través das cores e trazos dos personaxes, fan o traspaso das palabras poéticas do texto a unha realidade escura, unha realidade chea de néboas que as mulleres deben disipar con máis rapidez

blanca.roig@usc.es