Gadis: 100% comprometida, 100% galega e 100% auténtica
A sustentabilidade abarca moito máis que o coidado medioambiental. Dende Gadis, promoven unha visión completa e transversal, que inclúe a perspectiva sostible en todos os procesos e actividades da empresa. Así, impulsa un desenvolvemento sostible dende o punto de vista económico, social e medioambiental.
Gadis é 100% compromiso coa súa contorna: contribuíndo á súa mellora e crecemento gracias á creación de riqueza local, emprego de calidade e ó impulso do tecido socioeconómico. Líder no sector da distribución na comunidade, Gadis é tamén a empresa do sector que máis emprego xera en Galicia.
Ademais, en liña co seu obxectivo de promover un impacto positivo no entorno, Gadis desenvolve máis de 1.640 iniciativas e colaboracións con entidades e ONG, de carácter deportivo, cultural, solidario, e local.
E, por suposto, ten en conta a necesario respecto do medio para garantir un futuro mellor. Aplica diferentes medidas e políticas en toda a súa cadea de valor, para reducir o dano ambiental, e dar resposta a unha demanda crecente por parte da sociedade e do planeta.