Galicia acolle o Primeiro Seminario sobre Banda Deseñada e Educación

Nestas xornadas, varios profesionais do mundo gráfico aportan ferramentas para o uso deste xénero no ámbito pedagóxico
Ilustración
Luis MartínezPontevedra
Ilustración do cartel do I Seminario de Banda Deseñada e Educación. Foto: Kiko Da Silva

O Seminario de Banda Deseñada, que se celebrará en Pontevedra o 3 de xullo, é o primeiro relatorio en Galicia con estas características. Con el preténdese dotar aos docentes de ferramentas para que poidan empregar a banda deseñada e as narrativas gráficas na súa labor educativa. Así, o obxectivo é amosarlles todas as posibilidades que hai a nivel pedagóxigo do uso desta novena arte, para que sexan quen de usar os elementos gráficos do xénero máis aló de plástica.

Así, estas xornadas profesionais de banda deseñada (BD) e educación foron coordinadas por Kiko da Silva, debuxante, director de O Garaxe Hermético, e organizadas por ADEC, coa colaboración de O Garaxe Hermético, escola profesional de Banda Deseñada, a Universidade de Vigo, a Universidade de Valencia e o Concello de Pontevedra.

Estas primeiras xornadas, elaboráronse cunha intención pedagóxica clara e con temáticas diferentes que comparten un fío conductor común: a banda deseñada.

Ademáis, segundo Kiko Da Silva, tamén colaborador diario de El CORREO e organizador e poñente das xornadas, “a intención é continualas nos próximos anos”. Este seminario, está dedicado a todas as estapas do ámbito educativo onde a universidade tamén atopa un espazo importante.

Este relatorio celebrado onte en Pontevedra, conta coa participación de profesionais do sector que abordan a banda deseñada dende a súa especialidade coa intención de aportar un abano amplo de coñecementos na pedagoxía das narrativas gráficas.

Por unha parte, participará Álvaro Pons, director da Cátedra de Estudos do Cómic Fundación, a única que existe en España neste ámbito. Pons tratará a evolución da consideración social da novela gráfica dende os tempos do Franquismo ata a actualidade. Ademais, tamén contribuirán Paco Roca e Miguel Anxo Prado dous Premios Nacionais do Cómic que abordaron a importancia da narrativa visual presente no cómic, así como as implicacións que ten este xénero na cultura.

Por outra parte, e desde unha perspectiva diferente, Teresa Valero, debuxante e guionista, tratará as posibilidades pedagóxicas na aula dende a novela gráfica como ferramenta narrativa dinámica. Ademais, explicará como comunicar determindas cousas dende un punto de vista máis próximo á lectura en imaxes.

Por último a relatorio de Kiko da Silva, abordará a importancia narrativa da banda deseñada, onde sinala que esta “necesita da elipse narrativa para existir, xa que é case máis importante o que non vemos que o que se nos amosa na gráfica” Ademais, engade que “a nivel educacional é moi interesante que os rapaces tamén entendan que vivimos nun mundo cheo de imaxes, onde esta pode presentarse de forma sesgada, con imaxes editadas. É por isto que aprender a narratividade da imaxe e a súa lectura resulta fundamental, é case como aprender matemáticas hoxe en día”.