Gran limpeza de fondos mariños en A Coruña con 100 mergulladores

El Correo Gallego

Mar. Mañá ás 10 horas comezará a segunda gran limpeza de fondos mariños da Coruña organizada polo Festival Mar de Mares. Nela participarán máis de 100 mergulladores voluntarios e se levará a cabo entre a zona da Dársena da Mariña e o Castelo de Santo Antón, unha zona de paseo habitual que en 2022 contará cunha área de baño aberta á cidadanía.

Sen dúbida, será unha espectacular acción civil a favor dos mares desenvolvida no corazón da cidade. A hora de remate desta actividade será ás 14 horas, mais ás 13 horas estímase que haberá unha gran mostra representativa de residuos recollidos.

Tras o éxito da primeira limpeza, na que se recolleron máis de 6 toneladas de residuos, o Festival Mar de Mares organiza esta segunda edición non só ten un obxectivo de recollida, tamén é unha invitación á reflexión da cidadanía. . ECG