‘Homeless home’, de Alberto Vázquez, mellor curta galega no FicBueu

Cine
Redacción ECG
As concelleiras Elena Estévez e Isolina Villanueva; Alberto Moital, Conc. de Patrimonio; Xosé Leal (Cultura); Manuel Pena, director do FicBueu; Julio Villanueva, vicealcalde; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, eVictoria Alonso, deputada. Foto. ECG

CINEMA. O filme belga Stephanie proclamouse gañadora do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FicBueu) ao facerse coa Ánfora de Ouro, dotada con 2.000 euros. O vicealcalde do municipio, Julio Villanueva, foi o encargado de anunciar o galardón desta curta protagonizada por Xulio Abonjo e Melania Cruz. A Ánfora de Prata, que ascende a 1.000 euros, foi para a estadounidense Huntsville Station, segundo desvelou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. O Premio do Público recaeu tamén sobre Hysterical girl, de Kate Novak, e o galardón R á mellor curtametraxe galega foi para Homeless home, de Alberto Vázquez. Ambos os dous recoñecementos están dotados con 500€, ao igual que o Premio á mellor curta experimental, que foi para Al motociclista no le cabe la felicidad en el traje, de Gabriel Herrera. REDACCIÓN