Isabel Medina na Real Academia de Ciencias

Ingreso na RAGC
Redacción ECG
EN SANTIAGO. Quinta pola esquerda, Isabel Medina, entre máis convidados. Foto: RAGC

ragc. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este xoves o Pazo de San Roque de Santiago o acto de ingreso da doutora en Química María Isabel Medina Méndez, profesora de investigación no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC). Intégrase na institución como académica numeraria da Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde. Isabel Medina pronunciou o seu discurso de ingreso e foi contestado en nome da Academia pola membro numeraria da Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde e vicepresidenta da RAGC, Alicia Estévez Toranzo. O presidente da RAGC, Juan Lema Rodicio, abriu o acto ao que asistiron outros académicos da institución, así como o delegado Institucional do CSIC en Galicia, Francisco Javier Rey Campos; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco; e o vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzuri; entre outros protagonistas. ECG