Literatura e música da man de Paco Nogueiras

Carmen Ferreira

Kalandraka Editora, como agasallo de Nadal, vén de publicar Extra!, de Paco Nogueiras (Santiago de Compostela, 1970). Un conxunto de cancións que fan gozar, bailar e rir tanto ao lectorado como ao ouvinte. Sentimentos e emocións que percorren xogos, libros, xornais e instrumentos.

Comeza por un Extra! dun xornal, para logo facer, coa axuda dun CD coa música dos poemas, un percorrido por temas ao redor da pregunta “Dime por que”, da bicicleta, do enfado, da convivencia con superheroes e superheroínas, de novas internacionais, de consideracións sobre “a lingua non para”, o medo, as cancións, parabéns por efemérides, movemento e festa.

Actividades coas que, desde todos os tempos, a nenez e vellez gozou, aprendeu, memorizou e segue a recordar. Todas estas cancións van acompañadas das magníficas ilustracións de Marc Taeger que levan directamente ao seu contido para compaxinar lecturas diversas.

rociogpedreira@gmail.comto