Lorenzo destaca a labor do Premio Galicia de Foto Contemporánea

Fotografía
Redacción ECG
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Foto: G.

LIBROS. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou este martes na presentación do libro Prova, de Patrícia Barbosa, que obtivo o VIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, na Galería Photo Art de Ourense. No acto, Lorenzo destacou o valor de certames coma este para impulsar novos talentos. Non en balde, o premio do que a Xunta de Galicia é fundador no ano 2013, foi posto en marcha co obxectivo de promover e incentivar a creación fotográfica aberta tanto a autores nacionais como estranxeiros, a través da exposición itinerante dos seus traballos, neste caso por diferentes espazos de Galicia e Portugal. ECG