Manuel Rico e Lorenzo Milá, premios Couso, contra o ruído informativo e a precariedade laboral

Libertad de prensa
El Correo Gallego
Lorenzo Milá

Manuel Rico, director de investigación de infoLibre, recolleu esta mañá no Centro Torrente Ballester de Ferrol o XVII Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol. Nos actos de entrega, cunha capacidade máxima moi limitada polas restricións sanitarias, participou tamén Lorenzo Milá, gañador da anterior edición, que o ano pasado non se puidera trasladar á cidade departamental por mor da pandemia. Os actos de entrega da XVII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, tiveron lugar esta mañá en Ferrol. As restriccións provocadas pola crise sanitaria fíxeronse notar nunha cerimonia que non só se viu reducida en extensión e público, senón que por primeira vez xuntou a dous premiados: Manuel Rico, galardoado nesta edición, e Lorenzo Milá, gañador no 2020, que non puidera viaxar a Ferrol o ano pasado.

Manuel Rico tamén se referiu á irrupción das redes sociais e as “fake news” e como estás afectan o mundo do xornalismo. “Os medios están cada día máis politizados, máis radicalizados e as redes sociais han influído e o que máis me preocupa é que os medios teñan o mesmo discurso que os partidos políticos”, sinala, para alertar “que en moitas veces xa se confunde os feitos e as opinións”. Rico tamén asegurou que o xornalismo está “a sufrir unha deterioración”, aínda que se postulou asegurando que “sempre vai existir unha porcentaxe da poboación que vai querer información jerarquizada, algo que non poden achegar as redes sociais”, das que dixo que serviron para “distribuír información”. “Penso que ese contido onde os xornalistas podemos facernos máis fortes e cumprir o noso papel”.

Con respecto ás redes sociais, Lorenzo Milá detallou que “os medios de comunicación tradicionais están a sufrir o asalto de relatos de non profesionais”, e as redes sociais “están alagadas de noticias, negro sobre branco, que moitas veces xeran un impacto, intoxican e das que ninguén responde”. “Hai persoas ou medios aos que non se lles pode pedir explicacións e teñen a mesma forza en redes sociais que os medios que se ten que responder”, resolveu.

O programa deu comezo ás 10:30 coa tradicional ofrenda floral na estatua ‘Ás Ceibes’ de Manuel Patinha, situada no Cantón de Molíns. Ás 13:00 horas, a capela do Centro Torrente Ballester acolleu a entrega do premio, presentada por Marta Corral. No acto, xornalista Ángel Carracedo deu leitura a un manifesto en nome da organización, redactado por el mesmo, que lembrou o compromiso coa liberdade de prensa dos premiados, de José Couso e dos recentemente asasinados Roberto Fraile e David Beriain. Carracedo asegurou que “malia a falta de credibilidade aínda somos unha ferramenta útil para a xente, este oficio aínda ten a capacidade de cambiar o mundo e o noso traballo é fundamental para construírmonos unha sociedade mellor, máis igualitaria, máis libre, máis crítica, menos corrupta, menos manipulable”.

A continuación, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Xulia Díaz Sixto, e o decano do CPXG, Francisco X. González Sarria, entregaron o XVII Premio José Couso a Manuel Rico, xornalista de investigación. Rico agradeceu o premio e salientou que recibilo por causa da súa investigación sobre as residencias é unha lección “de que o xornalismo ten que mirar máis a lugares que moitas veces permanecen fóra do foco, pero onde están en xogo cousas certamente importantes, como o coidado e a dignidade dos maiores”. Lorenzo Milá, galardoado na edición do ano pasado, tamén recibiu o seu premio, tras o que quixo insistir en que “a responsabilidade da liberdade de prensa recae nos xornalistas e nos medios, pero tamén na cidadanía”. Pechou o acto o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, quen anunciou que vai propór ao Concello un convenio estábel para garantir que o Premio Couso se entregue sempre na cidade departamental.

Ademais, ambos os dous premiados participaron dun coloquio no Centro Torrente Ballester, organizado polo Concello de Ferrol, no que se trataron temas como a polarización dos medios, as fake news, a precariedade laboral na profesión, o control político e económico, o xornalismo local ou a fenda de xénero. Milá lembrou que “a velocidade sempre vai contra o rigor” e defendeu que “a persoa que queira dedicarse ao xornalismo ten que ser, na medida do posíbel, honesta”. Pola súa banda, Rico expresou a súa confianza en que “sempre vai haber unha porcentaxe da poboación que vai querer información crítica” e insistiu en que a valía dos profesionais do xornalismo non depende de onde traballen: “A única diferenza entre Madrid e Santiago é o eco”. Os dous galardoados asinaron tamén no libro de ouro da cidade.