Monumentos e sedes de institucións tinguíronse de morado polo alzhéimer

Alzheimer
E.P.
Iluminación. Pazo Provincial de Pontevedra. Foto: Gallego

Conmemoración. Monumentos e sedes de institucións de Galicia tinguironse de violeta este martes 21 de setembro para conmemorar o Día Mundial contra o Alzhéimer, unha enfermidade que afecta en Galicia a unhas 70.000 persoas. Así, as sedes das deputacións provinciais de Lugo e Pontevedra serán algúns dos edificios que se iluminarán de cor morada para mostrar o seu compromiso cos pacientes desta enfermidade e as súas familias. Unhas familias que reclaman un reforzo das medidas de prevención como vía para facer fronte a esta doenza. “Calidade de vida é que as persoas con demencia teñan servizos especializados de proximidade e poidan permanecer nas súas casas o maior tempo posible. Porque é aí onde queren envellecer”, resaltou a presidenta da Federación Alzhéimer Galicia (Fagal), Isabel Gey. Así, solicitan ás administracións un maior desembolso en ferramentas de prevención e pór en valor as terapias non farmacolóxicas como principais vías para atrasar o desenvolvemento da enfermidade.

Por iso, Alzhéimer HOXE, mañá será tarde é a lema elixido este ano pola federación para acompañar as actividades organizadas ao redor deste pasado 21 de setembro e as feitas tamén en paralelo. Europa press