Música e literatura con Fina Casalderrey

Libro
Blanca Roig Rechou

Edicións Embora, na colección Fardel dos soños, agasallounos coa obra infantil para xogar, ler e cantar, Un día con Papá, de Fina Casalderrey (Xeve, 1951), Víctor Castro e ilustracións de Paula Andrade.

Son un conxunto de narracións e cancións que teñen como protagonista a Anxo e a súa filla Xela. Relátase e cántase a vida dun mariñeiro que, despois das moitas horas de traballo profesional, comparte o seu tempo cunha nena que fai feliz, pois con ela cántalles ao vento, á chuvia, ao frío, aos animais domésticos, sempre acompañados por unha boa mantenza achegada pola avoa Pepa. Teatro, tradicións, fantasía, lúa, pantasmas..., un conxunto harmónico que se segue polas narracións e poemas de boa feitura que contén a obra, pero tamén na visualización do CD e descarga dun código QR con animacións e Karaoke. Un obxecto que leva ao lector-ouvidor a gozar das artes literarias, plásticas e musicais.

blanca.roig@usc.es