Nova aventura de Astérix e Obélix en galego

Libro
Carmen Ferreira

Edicións Xerais de Galicia segue sumando títulos á serie de aventuras en banda deseñada protagonizada no ano 50 a. C. por Astérix e Obélix, creada polo autor francés René Goscinny (París, 1926-1977) xunto co debuxante Albert Uderzo (Fismes, 1927), publicada orixinariamente na revista Pilote en 1959.

O pasado mes de maio publicou un novo título, traducido ao galego por Isabel Soto, Xavier Senín e Alejandro Tobar, da serie de aventuras destes dous galos que se negaban a ser dominados polo lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum.

Nesta ocasión en Astérix nos xogos olímpicos, novamente o lectorado pode gozar das divertidas aventuras dos dous rebeldes galos que embarcan cara a Grecia coa intención de participar como deportistas nos Xogos Olímpicos. Mais as cousas vanse complicar cando descobren que non poden usar a poción máxica para gañar nas probas deportivas.

m.fboo@udc.es