A lectura sempre

Libro
Blanca Roig Rechou

Edicións Xerais de Galicia ven de publicar na colección Merlín o álbum Cando Leo, de Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) e Bea Gregores (Vigo, 1995). Unha excelente homenaxe á lectura, que nos anima a ler polos beneficios, pouco costosos, que nos proporciona.

A lectura visual e textual deste álbum lévamos a recordar que cando lemos todo é “posible”, mesmo o “imposible”, como se di na primeira páxina. A seguir faise un repaso sobre o estado de ánimo ao que nos transporta a lectura, desde a liberdade, sen portas, fronteiras, límites, celas, frío, fame, medo, recoñecéndoos, sen temer ás bombas, berros, ruídos, e crendo que podemos conseguir un mundo máis libre, sempre estar xuntos e seguir descubrindo facetas diversas da vida, porque así como empezou o álbum remata: “porque cando lemos todo é posible (sobre todo o imposible)”. Un exercicio creativo a dúas mans necesario nun mundo que pouco valora a lectura literaria.

blanca.roig@usc.es