Novidades Xerais: que non pare a festa do Entroido

Carmen Ferreira

Aínda que a pandemia non deixe celebrar o entroido 2021 nas rúas, podemos coa cativada celebralo nas aulas e na casa da man de Ramón D. Veiga e David Sierra que acaban de publicar en Edicións Xerais Non pare a festa. É tempo de Entroido2, onde por medio de estrofas de catro versos, ben rimados, con moito humor e en compañía duns debuxos ilustrativos, moi coloridos, faise un percorrido por figuras ao redor das que se conforma a festa colectiva do Entroido.

Así coñecemos o boteiro, a gárgola, o vellarrón, a mázcara, os charrelos, o chocalleiro, a peliqueira, o follateiro, os felos, a bonita, o madamito e madama, as máscaras, o Touro e xigante, o cabreiro, o vixigueiro, a Marela, o boi, o fedelloso e os lugares galegos da súa procedencia.

A disfrazarse, debuxar e saber máis dos costumes ao redor do Entroido, unha das moitas festas de alto valor cultural que forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia.

m.fboo@udc.es