O festival Intersección de A Coruña terá a Tatiana Macedo

É parte dos convidados dun evento de arte audiovisual que vai comezar o vindeiro día 28
Festival
LUIS PLANASSantiago
ARTES. A emerxente creadora Tatiana Macedo. Foto: ECG.

O Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo Intersección celebra a súa terceira edición na Fundación Luís Seoane e no espazo Norma entre o 28 de outubro e o 1 de novembro.

Para a súa terceira edición, mantén o formato presencial de anos anteriores. Para isto púxose en marcha un protocolo especial de prevención debido á Covid19 que garante a seguridade de todas as persoas asistentes. O festival aposta por un encontro presencial para non perder a capacidade de xerar encontros, tecer redes profesionais e transmitir coñecemento.

Como en edicións anteriores, Portugal mantén un papel destacado no festival. Ademáis do protagonismo da obra de Tatiana Macedo, durante os días que dura o festival celebraranse encontros entre profesionais da arte galegos e portugueses coa fin de estreitar lazos entre Galicia e o norte de Portugal.

O compromiso de Intersección con estes dous territorios conta co apoio do Instituto Camões, o Poctep (Programa de Cooperación Interreg España-Portugal) e da Gnp-Egtc(Galicia – Norte Portugal European Grouping for Territorial Cooperation in Euroregion). Ademais, este ano vai un paso máis aló no referido á internacionalización da súa programación, cedendo un importante espazo ao audiovisual croata cunha retrospectiva comisariada por Branka Benčić, a actual directora do Mmsu (Museum of Modern and Contemporary Art Rijeka) e a encargada de comisariar o pavillón croata na 57ª Bienal de Venecia. Así, no festival convivirán voces da arte audiovisual europeas: tanto portuguesas coma croatas e, por suposto, galegas da man de, entre outros, Belén Montero e Juan Lesta, do colectivo DSK.

Sobresae a participación de Tatiana Macedo, que desenvolve o seu traballo en formatos como a instalación, a fotografía e o cine, entendendo os seus procesos dentro da lóxica do campo expandido.

E Branka Benć comisaría, en exclusiva para Intersección, unha retrospectiva que reúne obras audiovisuais croatas de cine e de vídeo e que abranguen dende os anos sesenta ata a actualidade. A retrospectiva, apoiada polo HAVC (Instituto Audiovisual Croata) e formada por catro programas de proxección e obras de máis de 20 artistas, explora debates y contradicións que teñen que ver coas tensións que se forman entre o presente e o pasado, a Historia e a ficción e a memoria persoal e a colectiva; todo isto enmarcado no contexto de grandes cambios políticos e sociais da Croacia das últimas décadas.

Desde Galicia, van participar, Belén Montero e Juan Lesta traballaron, desde 1998 e baixo o nome artístico DSK, nas fronteiras do audiovisual, o artístico e o industrial, experimentando con múltiples formatos e cos seus límites. As obras deste colectivo foron expostas en institucións coma o Centro Pompidou (Metz), o CGAC (Santiago) ou Hangar (Barcelona).