O festival OUFF xa en marcha, aberto con cinema galego

Dez filmes van competir en Ourense pola Calpurnia á Mellor Película na sección oficial
LUIS PLANASSantiago
PRESENTACIÓN. Alfonso Zarauza, esq., e Miguel Anxo Fernández, en Ourense. Foto: OUFF

Nese sentido, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asegurou que a 26ª edición do OUFF “significa a aposta máis importante do terreo cultural dunha provincia especialmente culta e vencellada á identidade, con capacidade de mirar ao futuro e á vangarda desde a esencia da súa historia”.

“Ourense é o berce do cinema en Galicia”, afirmou o presidente da Deputación de Ourense, quen sinalou que “as alianzas coa Academia Galega do Audiovisual e fornecer esta iniciativa con convenios co cinema francés, ou a francofonía, mesmo a lusofonía, a internacionalidade destas edicións, dez premieres que se van a ver en Ourense nestas datas, demostran a gran capacidade organizativa da Deputación de Ourense e da Fundación Carlos Velo –única en Galicia do mundo audiovisual”.

Cotolay, A lingua das Bolboretas, A Esmorga, Sempre Xonxa subiron tamén as táboas do escenario porque se algo caracteriza estes 26 anos de Festival de cine é o recoñecemento e posta en valor de Ourense como plató universal de cinema, punto de encontro do audiovisual galego e porta de saída cara novos escenarios nacionais e internacionais. Así o destacou Miguel Anxo Fernández, director do Festival de cine de Ourense, que sinalou como un dos piares do certame a “senda da internacionalización coa mirada posta en Portugal e México, que sumamos a Francia”.

A actriz e directora ourensá, Lucía Álvarez, que na pasada edición presentou a gala de clausura, púxose aos mandos deste evento no que a emoción dos premiados fixo de fío condutor. E é que ata catro foron os premios entregados no acto.

A actriz lusa Leonor Silveira recolleu a Calpurnia de Honra Internacional de mans do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Luma Gómez, Premio da Fundación AISGE a toda unha traxectoria, recibiu o seu galardón de Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia e o produtor Alfonso Blanco (Fosco) agradeceu o seu Premio OUFF Ourense. A entrega completouse co primer Premio OUFF Chano Piñeiro que recaeu en Beli Martínez. Luz Montes e Carmen Leyte foron as encargadas de facerlle a entrega dese trofeo.