O ilustrador galego David Pintor aspira ao gran premio da Bienal de Bratislava 2021

Cultura
El Correo Gallego

As ilustracións credas por David Pintor para o libro “Sete chaves para abrir os soños”, editado por Kalandraka, acaban de ser seleccionadas para a Bienal internacional de Bratislava 2021. Pintor, que opta ao gran premio da Bienal, é o único galego dos 15 ilustradores seleccionados de toda a España . David Pintor é ilustrador, humorista gráfico, caricaturista, pintor e artista que abrangue diferentes campos. Colabora para editoriais e clientes de todo o mundo. No ano 2000 entra o campo da ilustración infantil e agora ademais colaborar en múltiples ámbitos relacionados co deseño, a moda ou a publicidade. A partir de 2019 comeza a súa traxectoria como autor de literatura infantil.