O OUFF rinde unha homenaxe á figura de Fernán Gómez

Descobren en Allariz unha placa co nome do actor e cineasta en lembraza da súa traxectoria
Cine
Andrea Barreiro
O director do OUFF, cos participantes na homenaxe a Fernando Fernán Gómez. Foto: ECG

No centenario dos seu nacemento, o Ourense Film Festival (OUFF) quere homenaxear a Fernando Fernán Gómez, un dos actores e cineastas máis destacados do cinema español. A 26 edición do Festival de cine de Ourense na súa labor de recoñecemento á figuras esenciais do noso audiovisual inclúe na súa programación dúas efemérides sinaladas. Ao centenario de Luis García Berlanga únese tamén o xa anunciado homenaxe a Fernando Fernán Gómez.

Allariz foi o escenario elexido pola súa vinculación ao actor e a unha das súas películas máis recoñecidas, A lingua das bolboretas, para o descubrimento dunha placa conmemorativa dentro das actividades paralelas deste ano. O acto, conducido pola presentadora Raquel Domínguez, contou coas intervencións de Miguel Anxo Fernnández, director do OUFF, Uxía Blanco, actriz que participou en dito filme, Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, e Cristina Cid, alcaldesa de Allariz.

Todos eles lembraron a figura do carismático actor e o seu paso pola vila. Miguel Anxo Fernández, director do OUFF, destacaba na súa alocución que esta homenaxe é unha mostra da aposta do Festival pola recuperación da memoria, “na estratexia futura do OUFF está a de poñer en valor o seu patrimonio dos agora 26 anos de historia. Iso sitúanos moi por encima non panorama galego de festivais. Vai como exemplo que ou ano próximo serán vos centenarios da actriz galega María Casares e do director Juan Antonio Bardem, ambos xa foron protagonistas a título póstumo e a cada un deles se lles dedicou un volume”.

Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, destacou “a súa faceta como ensaísta, dramaturgo e excelente guionista”. Antes de descubrir a placa interveu Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, que mostraba o seu agradecemento por esta rodaxe.