O proxecto Música en CaMiño estrea tamén unha peza audiovisual

A directora de Turismo de Galicia participou ontena estrea deste novo recurso promocional
Rosa Cano
COLABORACIÓN. No centro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. F.: G.

O patrimonio e a influencia do Camiño Inglés no concello de Miño é o eixe arredor do que xira a peza audiovisual que onte se presentou no Concello de Miño nun acto no que participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. O audiovisual é parte do proxecto Música en CaMiño, que se está desenvolvendo no marco do programa O Teu Xacobeo cunha axuda de algo máis de 14.000 euros.

Representantes de asociacións veciñais e culturais do municipio que participaron no vídeo, así como o presidente de la asociación de concellos do Camiño Inglés e alcalde de Oroso, Manuel Mirás, o alcalde de Miño, Manuel Vázquez e o resto de la corporación achegáronse para visualizar a creación, “punto de partida dunha programación de actividades para poñer en valor os recursos turísticos de Miño vencellados ao Camiño de Santiago”, explicou Nava Castro. Concertos nos emprazamentos do CaMiño e pasarrúas; degustación de produtos da ría en colaboración coa Confraría de Pescadores de Miño e á Asociación de Empresarios de Miño e actos coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Miño e co Club Deportivo Naútico de Miño completan as propostas deste plan que é parte do programa O Teu Xacobeo.