Palabras que nos chaman

Libro
Blanca Roig Rechou

Entre as novidades de Xerais, recomendamos a lectura de Douche a miña palabra, de Fran Alonso (Vigo, 1963). O paratexto titular, sempre unha primeira información do que imos ler, abre expectativas varias de contido que nos levan a pensar en amizade e compromiso entre personaxes de ficción.

Neste caso, o personaxe é un escritor que relata como se comprometeu coa literatura, coa lectura, cos libros, coa lingua elixida e como o fixo. Un percorrido polo oficio, articulado en once breves capítulos, que entusiasmarán ás persoas que lles gusta ler e xogar coas palabras. Unha narración amable cunha linguaxe comprensible e coidada. Desde a dedicatoria xa entramos no contido da obra, pois diríxese a todas as persoas que participaron en varias actividades de lectura, en especial ás que compartiron o Espazo de lectura e asistiron ás sesións de animación poética co protagonista, moi ben acompañada polas ilustracións explicativas da tamén viguesa Bea Gregores (1995).

blanca.roig@usc.es