Para saber máis: Debuxar o mundo en Galaxia

Libros
Blanca Roig Rechou

Vicente Blanco e Salvador Cidrás, dous profesores da área de expresión plástica (USC. Campus Lugo), foron galardoados co premio Marta Mata de Pedagoxía 2020. Un galardón merecidísimo como se demostra na monografía Debuxar o mundo. Xogar. Crear. Compartir (Galaxia, 2021).

A creatividade infantil, como se relata na “Introdución” da obra, levou os autores, a partir do “niño de ratas” que un rapaz debuxou, a artellar todo un conxunto de actividades que se nos mostran. Constátase que a educación artística é unha moi boa base cara á escritura e lectura literaria pola necesidade de fomentar a sensibilidade e a orde de elementos. Debemos aproveitar, coma din os autores o “impulso natural” e “darlle significado a aquilo que nos rodea, debuxar o mundo para pensalo e, no proceso, pensarnos a nós mesmos”, é dicir, palabras e imaxes, unha conxunción a practicar con materiais e ferramentas como se fai nesta obra.

blanca.roig@usc.es