Para saber máis: o mestre Tonucci e a infancia

blanca roig RechouUSC/CRPIH

Na colección Biblioteca de Pedagoxía, Kaladraka Editora publicou Por que as nenas e os nenos? Arre demo, están a escoitarnos!, obra realizada polo mestre italiano da palabra e do grafismo, Franchesco Tonucci (Fano, 1940), coñecido tamén como Frato. Con ela recórdanos que debemos escoitar a nenez e responderlle con certezas. Foi traducida pola man experta de Carlos Acevedo.

Conta no seu miolo cun excelente Limiar de Mar Romera onde explica o atractivo que sobre ela provocou a obra en xeral de Tonucci e o seu poder de contaxio. A seguir o miolo da monografía que se divide en: Introdución na que se di que non estamos ante un libro de pedagoxía nin de propostas educativas, senón de ideas e reflexións. Séguenlle tres partes nas que se plasman intereses e atrancos cos que tropeza a nenez ao non ter respostas entendibles e carecer, en xeral, de espazos adecuados a pesar dos dereitos recoñecidos.

blanca.roig@usc.es