Premio á traxectoria do Cpeig para Carlos Eloy López

Digitalización
Redacción ECG
Carlos Eloy López Blanco.

TIC Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Traxectoria Profesional da XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia ao enxeñeiro en informática Carlos Eloy López Blanco, responsable da oficina de Riscos Dixitais en Hijos de Rivera S.A.U., con máis de vinte e cinco anos de experiencia no eido da transformación dixital aplicada ao sector público e empresarial. A gala máis importante da informática en Galicia celebrarase o vindeiro 29 de outubro no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela, cun encontro presencial e virtual que reunirá ás empresas máis destacadas do sector TIC en Galicia. Os premios da Noite corresponden a dez categorías onde os colexiados e colexiadas recoñecen as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática. O garlardoado alienta o paradoxo que se da en España onde “existe unha alta preocupación por protexer ás grandes empresas, as que teñen os recursos para facelo, que en realidade só supoñen unha porcentaxe pequena do PIB, mentres que a maioría das pemes, o 99% do tecido empresarial, as principais xeradoras de riqueza no noso país, enfróntanse aos riscos dos ciberataques xeralmente desprotexidas ou con descoñecemento dos mesmos”.

Se ben explica tamén que a protección absoluta é case imposible polo propio dinamismo das novas tecnoloxías, “a ciberseguridade debe enfocarse á lograr a resiliencia das organizacións, é dicir, asegurar a súa capacidade de supervivencia e o restablecemento da actividade coa maior celeridade posible tras un ataque ou posible fallo nos sistemas”.ECG