Premio Edebé de literatura infantil

Libro
Carmen Ferreira

Para celebrar coa honra que se merece este premio, no seu 30 aniversario, participan douscentos trinta e nove orixinais, cento corenta na modalidade infantil e noventa e nove na modalidade xuvenil.

Desexamos que o xurado premie a mellor obra o día 27 de xaneiro en Barcelona. Gustaríanos que o merecese unha das nove obras galegas que participan para así engrosar o número dos premiados, xa que en anteriores edicións mereceron o galardón Agustín Fernández Paz (1947-2016) e Fina Casalderrey (1951), dous clásicos que tanto prestixio deron e seguen a dar á Literatura Infantil e Xuvenil galega polo seu facer, polo seu recoñecemento pola crítica e lectorado. Parabéns á editora Reina Duarte por chegar á trixésima edición deste premio recoñecido non só en España senón internacionalmente, por visibilizar as obras premiadas, por medio da tradución, noutros sistemas lingüísticos e, sobre todo, por resistir.

m.fboo@udc.es