Premio Meiga Moira 2022 para as mulleres donas de si

Libro
Carmen Ferreira

A literatura dramática, non tan abundante como se merecería na Literatura Infantil e xuvenil, ven enriquecerse coa obra Donas de nós, de Ánxela Gracián, Premio Meiga Moira 2022.

Parabéns a Baía edicións polo nova edición do premio, xa dez convocatorias, e pola publicación dun texto teatral cargado de referencias a personaxes da historia literaria e mitolóxica, convertidos en protagonistas dunha obra moi actual na que as mulleres conseguen decidir por si mesmas e romper con estereotipos arraigados aínda na sociedade de hoxe. Mendiña, unha princesa provenzal, un príncipe, Merlín e Morgana, coa axuda de elementos máxicos populares e doutros personaxes, somérxennos nunha historia trepitante polo camiño a Compostela e pola súa contorna. En Donas de Nós conviven a poesía, a narración e excelentes elementos teatrais. Merece que axiña se poña en escena e así pechar a súa recepción no circuito teatral.

m.fboo@udc.es