de Arte Carlos Maside

Museos
El Correo Gallego
Edificio do Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside

pinacoteca. A recuperación e posta ao dispor do público visitante do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, no Castro (Sada); a potenciación de actividades nos renovados auditorios de Sargadelos, en Cervo, de O Castro, en Sada, e do Instituto Galego de Información (IGI), en Santiago de Compostela; e a realización dun simposio para o estudo da paisaxe, a arquitectura e o urbanismo de Galicia son algún dos acordos que adoptou o novo patronado da Fundación Sargadelos, que quedou constituído o pasado luns, día 26 de outubro.

A realización dos estudos e xestións necesarias para a apertura ao público das instalacións do Museo Carlos Maside, en O Castro, Sada, que conta cunha das coleccións máis importantes de pintura e escultura galega, é un dos acordos adoptados polo padroado. Fixáronse xa prazos para os primeiros pasos neste obxectivo, que supoñerá a súa apertura o próximo verán.

A Fundación Sargadelos, sen ningún tipo de axuda pública, abriu xa aos visitantes o pasado verán as novas instalacións do Museo Sargadelos, que tivo unha excepcional acollida, coa visita de 4.652 persoas. O museo expón pezas e obxectos únicos que mostran as diferentes etapas da emblemática cerámica de Galicia. ECG