ReiZentolo dona 5.800 euros ao grupo NefroCHUS do IDIS

Con esta iniciativa, a firma galega busca apoiar a investigación da enfermidade de Dent // A campaña comezou coa camiseta ‘Rallo’
Iria López
ENTREGA do cheque correspondente á donación obtida grazas á venda dos produtos solidarios

A finais do ano 2022, Pablo, representante da empresa galega ReiZentolo, estivo nas instalacións do IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela) para facer entrega do cheque de 5.800 euros correspondente á donación obtida grazas á venda dos produtos solidarios (camisetas, tazas...) realizados para a asociación galega da enfermidade de Dent (Art for Dent). Estiveron presentes representantes do IDIS, do NefroChus e membros da asociación Art for Dent.

ReiZentolo colabora e apoia esta asociación e o seu proxecto artístico e solidario desde o comezo, en maio de 2020, en pleno confinamento. A campaña comezou coa camiseta de Rallo, que puxeron multitude de personaxes coñecidas do mundo da televisión, o cine, a cultura,.. e que axudaron na promoción e venda destos productos.

Despois de Rallo, viñeron Pepe, Mona, Rosa... camisetas e produtos que siguen á venda na tenda online de ReiZentolo e que o 100 % do beneficio vai destinado para esta causa.

Desde o comezo da súa colaboración, esta empresa galega suma más de 20.000 euros de donación para a investigación desta enfermidade minoritaria, que precisa de apoios privados para poder financiarse e poder avanzar.

“Esta colaboración e apoio por parte de ReiZentolo para nós é moi importante e fundamental para seguir dando visibilidade e conseguindo fondos para a investigación no NefroChus (Laboratorio de Genética de enfermidades renais). Son a nosa “empresa solidaria”, os que confiaron en nós desde o primeiro momento”, destacan desde Art for Dent, unha asociación galega que nace en maio de 2021, tras a iniciativa dun grupo de familias galegas con nenos afectados pola enfermidade de Dent.

“Hoxe en día somos varias familias de Galicia e Asturias. Coñecedores da existencia dunha investigación en marcha, decidimos unirnos para sumar esforzos, apoiarnos e loitar xuntos por conseguir un futuro mellor para os nosos fillos”, indicen desde Art for Dent.